O baionés Gerardo Collazo Vilar publica o seu terceiro libro

Gerardo Collazo Vilar, co exemplar do libro.

O libro de relatos “Me he dejado los conejos atrás, ¡y no me importa!”, do escritor baionés Gerardo Collazo Vilar, sae hoxe á venda baixo o selo Editorial Amarante. Trátase dun conxunto de vinte e dous relatos breves de temática social. Obra inscrita dentro do xénero de realismo histérico. Os temas centrais do libro son o desentendemento e o ensino da masculinidade: ofrece situacións en que dúas ou máis persoas son incapaces de poñerse de acordo por mor dos seus principios, crenzas, ideoloxía ou moral.

Os conflitos de xénero son outro dos temas principais do libro. Un dos relatos, titulado “Cristales sucios”, trata sobre La Manada. Dous relatos dedicados á ciencia ficción: visión crítica da intelixencia artificial desde un punto de vista humanístico. Gran parte dos relatos son monólogos interiores de personaxes que atravesan unha crise existencial: un executivo de contas millonario incapaz de sentir empatía, un esmoleiro que se enfronta á súa misantropía, un macarra que analiza o seu personaxe, un traballador que renuncia á súa vida por mor de sentirse un escravo do Sistema, etc.

Na obra preséntanse varias tramas paralelas que conflúen no relato final, encargado de dar título ao libro. A trama central da obra trata sobre a relación tóxica que manteñen dúas das personaxes principais, a cal actúa, en relación ao resto de relatos do conxunto, como catalizador. Trátase dun libro cun discurso cru: ofrece unha visión catastrofista da sociedade actual que desemboca nunha idílica catarse entre as partes. Mestura humor, drama, romance e ciencia ficción.

O libro pode adquirirse en calquera librería do territorio español facilitando título, autor e nome da editorial; nun prazo de 24 h, a librería dispoñerá do exemplar solicitado. Á venda online nesta ligazón.

Sinopse

Poida que o responsable de lanzar a primeira pedra mereza en realidade recibir a pedrada. A anterior frase define á perfección o narrado en “Me he dejado los conejos atrás, ¡y no me importa!”. Que nos molesta tanto? Por que nos ofende que alguén poida negar a nosa moral ou poñer en dúbida as nosas crenzas? Un grupo reducido de persoas comúns enfróntanse ao desentendemento en vinte e dous relatos breves que indagan nas complexidades das relacións humanas, o prexuízo, as causas sociais, os conflitos de xénero, os linchamentos mediáticos e outras tantas das interferencias na cohesión social que se dispoñen á orde do día nas distintas sociedades do primeiro mundo; mentres tanto, desde a sombra, o Creador controla a quen controla.

Gerardo Collazo Vilar

Gerardo Collazo Vilar, nacido o 20 de marzo de 1988 en Baiona (Pontevedra), é pintor autodidacta, ilustrador, deseñador, escritor, tatuador, técnico superior en realización de espectáculos e audiovisuais, licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e especialista en márketing. Publicou a súa primeira novela “El Amanecer de los Justos” en 2014, sendo finalista do concurso literario Isla de las Letras e presentada en diversas salas por toda España, así como na Feira do Libro de Madrid dese mesmo ano; posteriormente participaría na antoloxía de relatos “Golpe al Maltrato de Género”, xunto cunha trintena de autores españois. En 2015 publicou a súa segunda novela, baixo o título “Autopista Roswell”.

Me he dejado los conejos y no me importa15x21

Anuncios