Gran éxito do Xadrez Laroca no Campionato Provincial

Vilagarcía acollía este fin de sema os campionatos provinciais de xadrez nos que o club Laroca de Nigrán acadaba uns grandes resultados nas categorías absoluta e sub 16.

Na categoría de sub 16 xogada a seis roldas o laroqueiro Artai Bringas rematou invicto no segundo posto da xeral con 5 puntos, a medio punto do campión, e Ana Fernández proclamouse campioa feminina ao rematar no posto 17 da xeral con 3 puntos.

Nesta categoría destacar o papel feito por Ricardo Fernández, que finalizou no oitavo posto da xeral con 4 puntos, e Mauro Sanromán, que finalizou no posto doce con 3,5. Outros representantes nesta categoría foron Laura González, que rematou no posto 20, e Osían Pombo no posto 24, ambos con 2,5 puntos, mellorando os seus postos de saída.

Na categoría absoluta disputada a sete roldas Constantino González rematou no terceiro posto da clasificación xeral con 5,5 puntos e finalizando o torneo invicto. Nesta categoría o Laroca tamén conseguiu o campionato feminino da man de Mireya Represa, que rematou no oitavo posto da xeral con 4,5 puntos. Destacar a participación de Francisco Rego, que rematou no décimo posto da xeral con 4,5 puntos, e Jorge Carneiro, que rematou no posto 31 con 3 puntos, mellorando o seus postos de saída.

Na categoría sub 14, a pesar de non acadar postos de honor, os representantes do Laroca Diego Abalde, Marcos Rego, Sara González e Brais Rouco realizaron un gran torneo rematando todos por encima dos seus postos de saída, a pesares de ser o seu primeiro ano na categoría, igualmente que na categoría sub 12 cos irmáns David e Marcos González.

2019-01-21 - IMG-20190120-WA0005

Anuncios