Co título “Ghallejeros en Sabarís”, o alumnado do curso de teatro organizado pola Asociación de Veciños Castro e Ladeira dentro do programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra estrea este sábado 19 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de Actos do Colexio de Sabarís unha obra teatral na que poñerá en práctica todo o aprendido durante o tempo da súa formación. A representación é aberta a calquera persoa que desexe asistir. Coa súa participación nesta obra teatral, os alumnos e alumnas mostrarán os resultados das aprendizaxes e ensaios realizados.
Castro e Ladeira pecha o Obradoiro de Teatro coa estrea da obra “Ghallejeros en Sabarís”

