A Aula de Teatro de Gondomar abre o período de inscrición

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Aula de Teatro.

A Aula de Teatro do Concello de Gondomar abre o período de inscrición para aqueles que queiran participar en clases de expresión corporal, texto en voz, dinámica de grupo ou desinhibición. Os interesados poden inscribirse na OMIX, situada na Casa da Cultura. Para máis información pódese contactar no teléfono 986 369 746. As clases serán todos os martes, de 16:30 a 18:30 horas para os adultos, e de 18:30 a 20:30 horas para os mozos.

Anuncios