Anuncios
Ticker de novas

Festa de apoio ás persoas refuxiadas na Casa Colorida

A Festa de Apoio ás Persoas Refuxiadas celebrarase este domingo 18 de xuño a partir das 11:30 da mañá na Casa Colorida de Nigrán (Rosalía de Castro 16) como un acto festivo e de debate sobre a situación actual das persoas refuxiadas. Coñeceremos os diferentes proxectos que desenvolve Acción Directa Sierra NORTE, entre eles o “Proyecto móvil kitchen kitchen”, a Panadería Árabe e o Refugee Market.

Dende o media-Lab Casa Colorida presentarán o documental sobre os proxectos autoxestionados no territorio Grego coa proxección do teaser.

Contarán tamén coa exposición fotográfica INVISIBLES de María Sierra López, que estará de forma permanente durante o día 18, acompañados das actuacións de clown da man de Pika Pika e de Jano sin Medida e unha Sesión vermú de Jazz con Antón (Voz) e D. Jácome (Guitarra), na Praza Aserradero Curvo detrás da Casa Colorida, desfrutarase dun comedor popular Sirio-Afgano, e rematando con esta xornada cun concerto da man GANJAHR FAMILY.

Máis info e programación: http://www.casacolorida.net.

Anuncios