“A accesibilidade do Concello de Nigrán deixa moito que desexar”

Un veciño de Nigrán, alármase da cantidade de obstáculos que ten que sortear hasta chegar ao seu destino. O venres, 11 de xaneiro, presentouse o “I Foro sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional”, onde estiveron presentes moitos representantes de asociacións que loitan día a día para que as persoas con discapacidade funcional poidan desenvolver as súas actividades cotiás con normalidade no plano da igualdade co resto de cidadáns.

“O Partido Popular de Nigrán acompañounos, como non pode ser doutra maneira, apoiando o manifesto pola plena cidadanía na que se fixo eco da sentenza do 5 de decembro que fai posible o voto do colectivo de persoas declaradas legalmente incapaces. O Paradoxo é que na apertura do Alcalde deste foro, as súas palabras de empatía e o impulso que traslada a este colectivo non se reflicten na súa política. Parécenos canto menos alarmante falar non acorde os seus feitos. Necesítase traballo, esforzo e xestión para que as palabras convértanse en feitos Sr. Juan González”, afirma Carlos Abal.

Segundo o candidato do PP a súa xestión neste plano é totalmente insuficiente. “Instamos dende o Partido Popular a facer unha avaliación e seguimento das políticas do seu grupo. A accesibilidade do Concello de Nigrán deixa moito que desexar”, insiste Abal, quen reclama un goberno municipal moito mais sensibilizado con esta cuestión. Na súa opinión débese dedicar un esforzo para que todas as persoas con discapacidade funcional poidan desenvolverse con normalidade polo municipio e reitera que o alcalde debe tomarse en serio as reivindicacións do colectivo que loita por avanzar de cara un municipio sen barreiras, “que na súa política tradúcense en farois”.

“Como unha imaxe vale máis que mil palabras, presentamos a foto da última obra executada fai unhas semanas. Totalmente certo o que predicaba na súa campaña, outro Nigrán é posible, claramente que despois da súa xestión estamos seguros que si é posible”, conclúe Carlos Abal.

Anuncios