Sin categoría

16 xadrecistas do Laroca participarán este fin de semana nos Campionatos Provinciais

Este próximo fin de semana celebraranse os Campionatos Provinciais de Xadrez na localidade de Vilagarcía de Arousa, co que dá comezo a tempada 2019. O club de xadrez Laroca estará representado por 16 xadrecistas que competirán nas categorías sub 12, sub 14, sub 16 e absoluta. O torneo comezará o sábado ás 12:00 horas na categoría absoluta e ás 16:00 horas nas demais categorías, continuando o domingo pola mañá tamén para a categoría absoluta e a partires das 16:00 horas para o resto das categorías.