O humor de Desirée Vila conquista o programa “La Resistencia”

“La Resistencia”, o programa de humor que presenta David Broncano na canle #0 de Movistar+, convidou este mércores á atleta paralímpica e autora do libro “Lo único incurable son las ganas de vivir”, Desirée Vila Bargiela. A gondomareña sorprendeu ao cómico polo seu humor, xa que mesmo chanceou sobre a amputación da súa perna e riuse dos chistes publicados polos fans en Twitter. Tamén falou das súas catro próteses (ao programa acudiu coa “fashion”), e explicou que dúas delas son para andar e as outras dúas para correr, mostrando unha das que utiliza para competir. Como fai con todos os invitados, no momento no que Broncano preguntoulle pola cantidade de diñeiro que ten, o anfitrión recibiu unha resposta inesperada cando a atleta contestoulle “un millón e medio de euros”, que se corresponden coa indemnización estipulada tras o xuízo celebrado pola neglixencia médica que se produciu tras o accidente que sufriu adestrando. A entrevista conta xa con máis de 250.000 reproducións.

Anuncios