Bambú Nigrán organiza o seu III Festival Solidario de Danza a favor de Bai Senpulgas

Bambú Nigrán organiza o terceiro Festival Solidario de Danza a favor da protectora Bai Senpulgas. Será este domingo 20 de xaneiro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán, aberto para todos os públicos e idades. A achega solidaria será de 2 euros.

Desde que no ano 2013 Bambú Nigrán abriu as súas portas aposta polo deporte e a danza como medio de expresión. Como cada ano, e esperan repetir por moitos máis, celebran este III festival a favor da protectora Bai Senpulgas. “Amamos aos animais e a causa. Entre todos pódese facer un mundo mellor”, afirman.

Desde Bambú Nigrán agradecen aos patrocinadores: Rosquillas Cristaleiro, Agua Sana e como non, ás escolas convidadas que cada ano son máis, “sen elas isto non sería posible”. A Chimo Cabreira como presentador e Matías Rivas con imaxe e vídeo. Ao Concello de Nigrán e en especial destacan a dedicación do alcalde Juan González, “que desde a proximidade sempre está para axudar”.

“Con emoción e ganas esperamos gocedes da tarde do domingo e lembrar, gardar a entrada solidaria para o sorteo con agasallos ao finalizar”, conclúen desde Bambú Nigrán.

Anuncios