Anuncios
Ticker de novas

Portobelo ofrecerá en Gondomar os produtos de 20 establecementos a prezos rebaixados

Este domingo día 18 de marzo, a partir das 11:00 horas, na rúa Parroco Mariño, no centro de Gondomar, a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Val Miñor (OVALMI) e o a Concellería de Comercio do Concello de Gondomar organizan a 6ª edición da Feira de Oportunidades Portobelo.

Durante todo o día e ata as 21:00 horas as persoas que se acheguen a Gondomar poderán atopar artigos tales como roupa, calzado, complementos, bixutería, libros, perfumería, cosmética, barbería, doces, produtos gourmet, enxoval e electrodomésticos de 20 establecementos da comarca a prezos inmellorables.

Ademais ao longo do domingo haberá diferentes actividades, como unha actuación de baile, a cargo da escola de danza A Paradela, ás 12:30 horas, e unha master class de zumba a cargo da protectora de animais Baisenpulgas ás 17:00 horas, todo iso na praza da Alameda.

Se o tempo non acompaña, todas as actividades trasladaranse ao Pavillón de Deportes de Gondomar. Desde OVALMI convidan a veciños e visitantes a que non se perdan esta nova edición de Portobelo.

Anuncios