A Comisión de Festas San Xosé de Prado organiza unha gran potrada

FOTO: COCINASINTONTERIAS.BLOGSPOT.COM // Estofado de potro.

A Comisión de Festas San Xosé de Prado de Morgadáns organiza este sábado 19 de xaneiro unha gran potrada a partir das 21:30 horas. O menú, de 15 euros por persoa, inclúe potro estofado ou churrasco, pan, bebida, café e chupito. O prezo do menú para os menores de 10 anos será de 8 euros. Despois da cea, a partir das 00:00 horas, haberá unha gran festa con Dj Kani. Os interesados poden anotarse ata o 16 de xaneiro no local da Comisión ou nos teléfonos 617 717 324 ou 630 947 268.