A baionesa Andrea Pais gaña a Copa de Galicia co Atletismo Feminino Celta

FOTO: ATLETISMO FEMININO CELTA // Andrea Pais e as súas compañeiras de equipo.

Atletismo Feminino Celta con 79 puntos proclamouse o domingo campión da XV Copa de Galicia en Pista Cuberta que se desenvolveu nas instalacións de Expourense, repetindo título por cuarta vez consecutiva. A tónica dominante sería o gran ambiente nas bancadas e a loita mantida na pista polos equipos participantes que estarían pelexando ata a última proba do encontro. Como mostra desa gran igualdade na categoría feminina, a copa decidiríase por tan só un punto de diferenza.

Cómpre salientar o triunfo feminino celeste logo do abandono por lesión na proba dos 800 m. da atleta Ruth Carrera que faría sumar cero puntos á formación que preside Paula Mariño. As vitorias do Atletismo Feminino Celta virían da man de Alice Marie Genevieve Finot nos 1.500 m. cun excelente rexistro de 4:18.09, Elvira Okutu en lonxitude con 5.12 m., Eva Queimaño en altura 1.56 m., Bea Viteri en pértega con 3.41 m. e equipo de relevos, formado por Alice Marie Genevieve Finot, Eva Queimaño, Laura Rosende e a baionesa Andrea Pais, con 5:29.55. Ademais, o segundo posto de Andrea Pais nos 200 m supón a mínima para o Nacional Indoor sub23, que se celebrará en Salamanca os días 9 e 10 de febreiro.

Anuncios