Adrián Valverde acariñou o Top-10 en Elite no Campionato de España

FOTO: DIFUSION PRO SPORT // Adrián Valverde no Campionato de España.

Resultados máis que destacados os logrados polos corredores do Vigo-Rías Baixas que participaron durante a fin de semana no Campionato de España de Ciclocrós celebrado en Pontevedra. Nos elites Adrián Valverde, lucindo as cores da Selección de Galicia, terminou 11º, e Jorge González finalizou 17º, mentres que Gabriel Ochando rubricou a 9ª praza na carreira Sub23.

Na súa quinta presenza nun estatal de ciclocrós, Adrián Valverde foi o mellor galego na proba reina. O baionés xogouse ao sprint o décimo posto, véndose superado na recta final polo catalán Isaac Simón. A 55 segundos do seu compañeiro na estrutura presidida por José Luis Chamorro cruzou a liña de meta Jorge González.

Pola súa banda, unha das incorporacións da entidade olívica para esta tempada estreouse coa camisola do seu novo equipo meténdose no Top-10. Gabriel Ochando, de 18 anos, demostrou a súa calidade nesta modalidade e nunha carreira sub23 de gran nivel obtivo a 9ª posición.

GABRIEL OCHANDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA
FOTO: DIFUSION PRO SPORT // Gabriel Ochando no Campionato de España.
Anuncios