Máis de 760 inscritos no XX Cros Escolar do Val Miñor

Este domingo día 13 de xaneiro, a partir das 10:45 da mañá, celebrarase no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, a XX edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatoria para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Está organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, englobado dentro do programa de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar. O número de participantes inscritos para esta edición alcanzou a cifra de 764 escolares repartidos entre as categorías Chupetes, Pre Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Por colexios e clubs os participantes son abundantísimos: Ramiro Sabell, Mestre Goldar, Cruz-Camos, Párroco D. Camilo, Educación Infantil Torreiro, Cova Terreña, Galiña Azul de Baiona, Sabarís, Fontes, Borreiros, Villalaura, Panxón, Terras de Turonio, Mestre García, Agrupación Picacho, Oia, Barrantes, Agro do Muíño, Doctor Fleming, Chouzo, Monte Guía, Car Redondela, Club Trega, Areal Sabarís, Estudio, Maristas, Cluny, Apóstol Santiago, Rosalía de Castro, Humberto Juanes, SDA San Miguel, Belesar, Auga da Laxe, Chano Piñeiro, Souto Donas, Comesaña Sporting Club, Colexio Monterrey, Carlos Casares, 1º de Marzo, Divino Salavador, Salesianos, Agro Baredo, SA Val Miñor, Baíña FS, Serra Vincios, CSRD Beade, Anxo da Garda, Tuy, Club Atletismo Porriño e Colexio Mallón.

A organización entregará a todos os seus participantes produtos Coca-Cola, Rosquillas Cristaleiro e un agasallo conmemorativo como compensación ao esforzo realizado. Ademais contan coa colaboración de Protección Civil Val Miñor, Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella, Juan Lázaro Médico, Peña Moteros Val Miñor, Sociedade Atlética Val Miñor e as Concellerías de Medio Ambiente e Vías e Obras do Concello de Baiona.

PROGRAMA XOGADE – XUNTA DE GALICIA
HORARIO CATEGORÍA – AÑO NACIMIENTO DISTANCIA Voltas
10.45 H. CADETE MASCULINO (04-05) 3.500 METROS 5 voltas gr.
11.00 H. CADETE FEMININO (04-05) 2.250 METROS 3 voltas gr.
11.15 H. INFANTIL FEMININO (06-07) 1.500 METROS 2 voltas gr.
11.25 H. INFANTIL MASCULINO (06-07) 2.000 METROS 2  v gr. + 1 pq.
11.35 H. ALEVIN MASCULINO (08-09) 1.500 METROS 2 voltas gr.
11.45 H. ALEVIN FEMININO (08-09) 1.500 METROS 2 voltas gr.
11.55 H. BENXAMÍN MASCULINO (10-11) 750 METROS 1 grande
12.05 H. BENXAMÍN FEMININO (10-11) 750 METROS 1 grande
PROGRAMA DEPORTE ESCOLAR – CONCELLO DE BAIONA
12.10 H. PREBENXAMIN MASCULINO (12-13) 400 METROS 1 pequena
12.20 H PREBENXAMIN FEMINO (12-13) 400 METROS 1 pequena
12.30 H. CHUPETES MASCULINO (14-15) 80 METROS 1 largo
12.40 H. CHUPETES FEMININO (14-15) 80 METROS 1 largo

12.50 H.                                                                                 ENTREGA DE TROFEOS

 

Anuncios