Actividade de dinamización en igualdade no Centro Sociocomunitario de Baiona

Este mércores 9 de xaneiro, ás 18.00 horas, e no salón de actos do Centro Sociocomunitario de Baiona, terá lugar unha actividade de dinamización en igualdade, «IGUAL A NÓS». Será unha hora de teatro, performance e posterior coloquio. Dirixida ao público en xeral e ás mulleres de idade en particular, será un actividade interesante tanto pola posta en escena como polos asistentes á mesma.