Anuncios
Ticker de novas

O CB Nigrán ten unha cita cos Reis Magos

O CB Nigrán inicia este ano 2019 participando na primeira edición dos Encontros Deportivos de Reis, organizados polo Colexio Apóstol Santiago de Vigo, no que tamén participarán clubs como o Celta ou o Seis do Nadal entre outros.

O club acudirá co seu equipo benxamín e un dos seus alevíns, cada un deles disputará tres partidos ao longo da mañá. Ao finalizar os partidos terá lugar un súper KO e finalmente realizarán a foto de grupo por categoría.

O CB Nigrán atópase inmerso xa na preparación das segundas fases da Liga coas diferentes categorías, reforzando algúns dos seus equipos con novas incorporacións, sen esquecerse da organización do seu torneo Basket sen Barreiras, que celebrará no mes de abril o seu quinto aniversario.

O CB Nigrán está a manter conversacións ademais con outros clubs deportivos de Nigrán para realizar algunha actividade conxunta antes de terminar a tempada.

Anuncios