Espectáculo infantil “O libro máxico” e Paxe Real no Centro Cultural de Mañufe

FOTO: EXPRESIÓN PRODUCCIÓNS // O libro máxico.

A Asociación de Veciños San Vicente de Mañufe pecha este venres 4 de xaneiro a súa programación de Nadal coa actuación do grupo de animación infantil “Expresión Produccións”, con “O libro máxico”, un espectáculo de monicreques, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo a partir das 19:00 horas no Centro Cultural de Mañufe. Esta historia comeza cun libro «Máxico Xigante» do que aparecen uns fantásticos personaxes que nos contarán historias, que nos farán maxia, que farán algunha trasnada e incluso que cantarán. Espectáculo educativo con grandes doses de humor e moitas, moitas risas. Ademais, un Paxe Real recollerá as cartas para as Súas Maxestades os Reis Magos.