Baiona proxecta a película “Nico, el reno que quería volar”

O Concello de Baiona ofrece este mércores 2 de xaneiro unha sesión de Cine de Nadal coa película de animación “Nico, el reno que quería volar”. A proxección comezará ás 18:00 horas na Capitanía Marítima. A actividade está incluída na programación Bai Nadal 2018 organizada pola Concellería de Cultura.

Nico ten unha estreita relación con Papá Noel xa que é fillo dun dos renos que tiran do trineo deste. O pequeno Nico co seu desexo de voar e coñecer ao seu pai decide emprender unha viaxe, unha gran aventura onde será acompañado por Julius, unha ardilla voadora, e Wilma unha comadrexa.

Durante a viaxe atoparase con grandes dificultades que impedirán que o seu soño cúmprase, como é o caso de toparse cunha manda de lobos co horrible plan de comerse a Papá Noel e destruír o Nadal. Nico terá que sacar o valor suficiente para evitar que isto ocorra.

Anuncios