O Panxón Nigrán FS reúne case media tonelada de alimentos no seu V Torneo Solidario

FOTO: PANXÓN NIGRÁN FS // V Torneo Solidario.

Este domingo clausurouse o V Torneo Solidario organizado polo Panxón Nigrán FS coa colaboración do Concello de Nigrán.

Nunha xornada deportiva repleta de solidariedade, na que á clásica carreira de San Silvestre sumouse este ano a proba de natación organizada polos Arroases do Val Miñor, realizouse a entrega simbólica de case media tonelada de alimentos e máis dun centenar de produtos de hixiene, recollidos durante o torneo e a campaña solidaria organizada polo Club.

Unha iniciativa na que colaboraron como puntos de recollida a Bocatería Lalo’s e Paula Gándara Estilista, e na que tamén achegaron alimentos os participantes da proba de natación. Tras o acto de clausura do torneo e coincidindo co final da proba de atletismo, todos os asistentes puideron gozar dunha gran festa do deporte de Nigrán, no Pavillón de Panxón, con chocolatada e o concerto de Argonat Band.

Desde a directiva do Club queren agradecer a clubs, xogadores, deportistas, familiares, amigos, asistentes, socios, colaboradores, patrocinadores e Concello, o lograr entre todas e todos, un ano máis, este éxito deportivo e solidario.