Gondomar súmase un ano máis á iniciativa “Móllate polos Ríos”

Un ano máis o Concello de Gondomar súmase ao Proxecto Ríos en colaboración con ADEGA, a través do seu voluntariado medio ambiental e que reforza o seu compromiso coa protección e o coidado do patrimonio natural e o medio ambiente. Será o domingo 24 de setembro a partir das 10:30 da mañá e o punto de encontro establécese no Parque das Ánimas

Para participar na XVI Limpeza Simultánea de Ríos é imprescindible realizar inscrición previa no correo medioambiente@concellodegondomar.gal ou nos teléfonos 647857972 ou 678874979, indicando nome completo, DNI e teléfono de contacto. Os menores de idade deberán ir acompañados.