Café e chocolate gratis a cambio de alimentos en Baiona

FOTO: AVELAÍÑA // Rubén Rodríguez e os usuarios de Avelaíña.

Este sábado pola tarde celebrarase un Café Solidario na Alameda da Rúa Carabela Pinta de Baiona. A iniciativa, que consiste en intercambiar cafés e chocolates por alimentos, está promovida polo barista de Queimada Gastrobar, Rubén Rodríguez. Avelaíña Asociación de Saúde Mental colaborará con esta xornada que terá lugar desde as 16:00 ata as 20:30 horas xunto á árbore de Nadal, epicentro da iluminación baionesa. Tamén colabora o Parador de Baiona, que achegará un aperitivo para todos os que se acheguen cun produto de primeira necesidade, o Concello de Baiona, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona e Samaín Producións. Todos os alimentos non perecedoiros recollidos irán destinados á ONG Ayuda al Mundo Necesitado, que será a encargada de repartilos entre as familias con menos recursos do municipio.

Anuncios