Morgadáns reúne ao redor de 70 cabalos no seu curro

Este domingo celebrouse o tradicional curro de Morgadáns, que se desenvolve no chamado lugar das Fechaduras na ladeira do Monte Aloia, na vertente orientada cara o Val Miñor. Trátase do primeiro dos curros que se desenvolven en Gondomar, e nesta edición, se “baixaron” ao redor de 70 cabalos.

As tarefas comezaron o sábado, cando os gandeiros xuntaron aos equinos na parte alta do monte. Xa o domingo, baixáronse ao recinto, onde entraron ao “curro” ao mediodía. Tras a celebración da comida campestre, pola tarde, os “aloitadores” foron os encargados de separalos para desparasitalos, marcalos, colocarlles o chip e cortarlles as crines, e posteriormente, volver deixalos en liberdade.

Esta festa, tan antiga como Galicia e coñecida como a “rapa das bestas”, repítese cada ano na primavera e verán, sendo un dos espectáculos máis xenuínos dos que se pode gozar en terras galegas. O vindeiro domingo día 23 de xuño, será a quenda do curro de San Cibrán, en Donas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.