Baiona será este ano a primeira en dar as badaladas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Torre do Reloxo.

O Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona organizan as Badaladas de Pinzón. As campás da Casa do Reloxo, que datan do ano 1510, soarán como o fixeron as campás da Ex Colexiata cando chegou Pinzón a Baiona en 1493, pero neste caso para dar a benvida ao 2019 en compañía de amigos, a diferenza do propio día, en que un despide o ano en compañía da familia.

“Desde as 23:30 horas deste sábado gustaríanos que nos acompañases para recibir o Novo Ano. Teremos animación na rúa a cargo de Dj Charlie de Vía Radio, e os locais adheridos ao evento proporcionarán as uvas gratis aos seus clientes como de costume, que irán acompañadas de Ñoclos de Pinzón gratuitamente a todos os asistentes por cortesía de Rosquillas Cristaleiro”, comenta María Iglesias.

A uva foi un dos produtos que se levaron a América a partir da segunda viaxe de Colón, por ese motivo para conmemorar o 525 Aniversario, convidan a todos a que se acheguen a celebrar as primeiras badaladas deste novo ano que se aveciña, este sábado 29 de decembro diante da Torre do Reloxo, neste ilustre pobo mariñeiro, a Real Vila de Baiona, que dá a benvida ao 2019.

O alcalde, Ángel Rodal, ve neste evento un broche de ouro espectacular ao 525 Aniversario da Arribaba da Carabela Pinta a Baiona. “Esperamos que gocedes desta noite con todos nós”.

Anuncios