O laroqueiro Breixo Álvarez proclamouse campión do XXIV Torneo de Xadrez Laroca

FOTO: XADREZ LAROCA // Os gañadores do XXIV Torneo de Xadrez Laroca.

O laroqueiro Breixo Alvárez, con seis puntos de seis posibles, proclamouse campión do XXIV Torneo de Xadrez Laroca, quedando en segundo lugar con cinco puntos de seis posibles o xogador da Universidade de Ourense Cesar Pérez da Poza, e no terceiro posto tamén con cinco puntos o xogador de Xadrez Mos Antonio Pérez Pampillón. Na categoría de sub 16 proclamouse campión o laroqueiro Guillermo Cousido Martínez, na segunda quedou Miguel Alonso Moyano do Vila de Bouzas e na terceira posición Javier Caudet Soto do Xadrez Lucena.

Na categoría de promesas proclamouse campión o xogador da Escola de Xadrez de Pontevedra Antón González Piñeiro con cinco puntos de cinco posibles. Con catro puntos no segundo lugar rematou o laroqueiro Iago Vilas Iglesias, e o terceiro posto foi para Alejandro Alves Costas da Escola de Xadrez de Pontevedra.

Na categoría de iniciación houbo máxima igualdade xa que os tres primeiros remataron empatados con 4 puntos, proclamándose campión Pablo Alonso Armada da Escola de Xadrez de Pontevedra. A segunda posición foi para a xogadora do Vila de Bouzas María Alonso Moyano e a terceira para Rubén Portela Piñeiro, da Escola de Xadrez de Pontevedra.

Por outra banda, o sábado tivo lugar en Ponteareas o IV Torneo Vila de Ponteareas, onde os xadrecistas do Laroca fixeron unha gran actuación conseguindo a segunda e terceira posición. En segunda posición rematou Jorge Carneiro Penedo, con 5 puntos de sete posibles, e cos mesmos puntos finalizou terceira Ana Fernández Carneiro.

IV TORNEO VILA DE PONTEAREAS
FOTO: XADREZ LAROCA // Os gañadores do IV Torneo Vila de Ponteareas.
Anuncios