Anuncios
Ticker de novas

Papá Noel aparca os renos para chegar surfeando á Praia de Patos

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Un dos Papa Noeles Surfeiros.

Máis de 200 alumnos e monitores de La Conservera del Surf, Patos Surf, Point Break Patos, Txoko Surf Club Schola e Prado Surf deron este domingo a benvida ás festas do Nadal disfrazados de Papá Noel. Este orixinal mergullo, que leva celebrándose desde hai máis de 10 anos, xa se converteu en toda unha tradición no municipio de Nigrán e nesta ocasión uniu ás cinco escolas que operan na Praia de Patos.

Os participantes celebraron xuntos o Nadal ao grande e de paso collendo unhas ondas disfrazados de Papá Noel, surfeando co característico gorro vermello. A iniciativa, á que cada vez se apuntan máis amantes das ondas e que ademais é unha xornada de achegamento gratuíto a este deporte, traslada a Galicia un rito de benvida ás festas moi típico dos surfeiros australianos, coa diferenza de que aquí desafían ao frío mentres que alá nesta época é verán e fai calor.

Pero non só é unha festa de surf e diversión, senón que se trata dun evento solidario, pois os asistentes deben pagar un tributo, achegar 1 quilo de alimentos non perecedoiros (pasta, arroz, legumes, cacao, leite, etc.) para o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, que será o encargado de repartilos logo entre as familias con menos recursos do municipio. En total recolléronse máis de 300 quilos de comida.

Non faltou a música e actividades programadas para os asistentes, finalizando a xornada ao saír da auga cun rico e quentiño chocolate recentemente feito con doces típicos destas datas e un brinde polo 2018 que xa se acaba.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios