Propoñen unha sanción de 8250 € ao Concello de Baiona por exceso de horas extras

Segundo se reflicte na acta de infracción nº 362018000085552, a Inspección de Traballo propón unha sanción de 8.250 € ao Concello de Baiona por superar o número máximo de horas extraordinarias por traballador.

Tal e como explica a mesma, “A sanción resultante se aprecia no seu grao máximo… en atención aos criterios de gradación de intencionalidade do suxeito infractor, número de traballadores afectados e de incumprimentos das advertencias previas desta Inspección”, e tamén “Apréciase o criterio agravante do número de traballadores afectados na medida na que a infracción afecta a dezaseis traballadores da Corporación” . “Apréciase así mesmo o criterio agravante por incumprimento das advertencias previas da Inspección… A pesar da advertencia durante os anos 2016, 2017 e 2018 o Concello de Baiona continúa incumprindo a prohibición establecida na norma”.

Silvano Montes, portavoz de Esquerda Unida, recorda que aínda está recente a derradeira sanción imposta polo mesmo motivo e por importe de 6.000 €. “Pódense facer numerosas valoracións da actitude do equipo de goberno, e por suposto desde o noso punto de vista ningunha positiva, pero preferimos deixar que cada quen faga a súa propia valoración á vista dos feitos”.

Anuncios