Anuncios
Ticker de novas

Audición de Nadal da Escola de Música da AM de Belesar

Este venres 21 de decembro a Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar celebrará a Audición de Nadal, na que participarán alumnos da Escola de Música e da Banda da Escola. Será ás 19:30 horas no Centro Cultural Municipal de Belesar.

Festival Solidario “Un alimento e un xoguete para todos”

O sábado 22 de decembro ás 19:30 horas, a Agrupación Musical de Belesar e a Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar organizan o Festival Solidario “Un alimento e un xoguete para todos”. Participará o Coro Xuvenil de Belesar, a Coral de Belesar e a Agrupación Musical de Belesar. As doazóns serán entregadas á ONG “Ayuda al Mundo Necesitado” de Baiona.

Anuncios