O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves a proxección da película “Senderos de Gloria”

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves ás 20:15 horas a proxección da película “Senderos de Gloria”, ofrecida polo cineclub Alice Guy-Blaché de xeito gratuíto. Este novo cineclub de Nigrán, que colle o nome da primeira muller en ser realizadora dun longametraxe, ofrecerá un filme cada penúltimo xoves de mes no Auditorio Municipal.

“Senderos de Gloria” é unha película antibélica estadounidense de 1957 cuxa acción se desenvolve durante a Primeira Guerra Mundial. Dirixida por Stanley Kubrick e protagonizada por Kirk Douglas, está baseada na novela homónima de Humphrey Cobb, publicada en 1935.

Anuncios