Sin categoría

Concerto de Nadal do Conservatorio de Gondomar

Este mércores 19 de decembro ás 19:00 horas terá lugar o tradicional Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, no que darán peche ás celebracións dedicadas ao seu 35 aniversario, que tiveron lugar durante o ano 2018. Tamén aproveitarán a ocasión para convidar a todos os asistentes a contribuír coa recollida de alimentos que se fará na entrada do Auditorio, unha entrada simbólica en prol dos máis necesitados do concello. No concerto participarán alumnas e alumnos de todas as especialidades con intervencións de conxuntos, e pecharán o acto o coro e orquestra do centro. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro.