Vista parcial de Baiona

Postal da Serie de Hauser y Menet (Anos 20) titulada “Bayona. Vista Parcial”. Despois da Serie Xeral viñeron outras postais de Baiona realizadas por Hauser y Menet: son postais cunha perfecta definición e que, coma todas as de Hauser, serviron para conservarmos unha idea moi clara de como era a Baiona daqueles tempos.