A Rondalla de Vincios percorre esta fin de semana a parroquia

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // A Rondalla de Vincios.

Esta fin de semana comeza a programación cultural organizada pola Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios para estas datas de Nadal con dous pasarrúas da Rondalla polos barrios da parroquia. O sábado 15 a partir das 16:00 horas será polos barrios de Piñeiro, Brandufe, Guisande, Serra, Torre, Hervillás e Rocha. O domingo a partir das 10:00 da mañá percorrerá os barrios de Casás, Tumbio, Xián, Salgueiro e Fraga.