I Campaña de Recollida de Alimentos do CPI Cova Terreña

O CPI Cova Terreña organiza os días 13 e 14 de decembro a súa I Campaña de Recollida de Alimentos. Toda a comida recollida será doada á ONG “Ayuda al Mundo Necesitado” de Baiona, que será a responsable da súa repartición entre as familias en situación de necesidade. Os alumnos e alumnas do centro estarán durante as dúas xornadas que durará a iniciativa no Eroski Center e o Supermercado Froiz de Baiona. Preferentemente son necesarios alimentos non perecedoiros e todos os de primeira necesidade, como conservas, leite, aceite, fariña, pasta, cacao, arroz, e tamén se recollerán produtos de hixiene persoal.

O alcalde, Ángel Rodal, anima a todos os veciños e veciñas a colaborar con este evento en beneficio dos máis necesitados e aproveita novamente esta ocasión para agradecer a toda a ANPA coa súa presidenta á cabeza, Estrella Juan Villadangos, por lograr sacar adiante estas iniciativas, e como non pode ser doutra maneira á presidenta da ONG baionesa “Ayuda al Mundo Necesitado”, Juana Alonso, pola súa colaboración, e todo o traballo que realiza ao longo do ano, incansablemente nos últimos vinte e cinco anos, á vez que amplía este agradecemento ao alumnado do CPI Cova Terreña, á dirección e a todos os profesores e profesoras, pais, nais, avós e a todos os que realicen algunha achega os días 13 e 14, por apoiar e inculcar nos seus alumnos, fillos, netos, os valores e o compromiso de crear unha sociedade máis concienciada das necesidades que poden ter algunhas persoas e que entre todos podemos axudalas.