A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza o XX Cros Escolar do Val Miñor, conxuntamente coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade, que se desenvolverá o domingo 16 de decembro no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís.
A proba comezará ás 10:45 da mañá e finalizará ás 12:50 horas coa entrega de trofeos. Participarán as categorías Chupetes (nados 14-15, distancia a percorrer 80 metros), Pre- Benxamín (nados 12-13, distancia a percorrer 400 metros), Benxamín (nacidos en 10-11 – distancia a percorrer 750 metros), Alevín (nacidos en 08-09 – distancia a percorrer 1.500 metros), Infantil (nacidos en 06-07 – distancia a percorrer 1.500 metros Infantil Feminino e 2.000 Masculino) e Cadetes (nacidos en 04-05 – distancia a percorrer 2.600 metros Cadete Feminino e 3.500 Masculino).
Cada Centro Educativo pode facilitar a lista de participantes, ou os interesados en participar poden inscribirse no Pavillón de Deportes, a través dos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881 ou o correo electrónico deportes@baiona.org, facilitando os seus datos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 12 de decembro.
Cada centro ou entidade que participe debe ter aos seus pequenos mutualizados a través do portal de Xogade. Nas categorías Prebenxamín e Chupete a Concellería de Deportes de Baiona realizará un seguro de accidentes propio para cubrir a carreira, xa que están fóra do programa Xogade.
Máis información nos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881, no fax 986 358 078 ou a través do correo electrónico deportes@baiona.org.
| PROGRAMA XOGADE – XUNTA DE GALICIA | |||
| CATEGORÍA – AÑO NACIMIENTO | DISTANCIA | Voltas | |
| CADETE MASCULINO (04-05) | 3.500 METROS | 5 voltas gr. | |
| CADETE FEMININO(04-05) | 2.250 METROS | 3 voltas gr. | |
| INFANTIL FEMININO(06-07) | 1.500 METROS | 2 voltas gr. | |
| INFANTIL MASCULINO(06-07) | 2.000 METROS | 2 v gr. + 1 pq. | |
| ALEVIN MASCULINO (08-09) | 1.500 METROS | 2 voltas gr. | |
| ALEVIN FEMININO (08-09) | 1.500 METROS | 2 voltas gr. | |
| BENXAMÍN MASCULINO (10-11) | 750 METROS | 1 grande | |
| BENXAMÍN FEMININO (10-11) | 750 METROS | 1 grande | |
| PROGRAMA DEPORTE ESCOLAR – CONCELLO DE BAIONA | |||
| PREBENXAMIN MASCULINO (12-13) | 400 METROS | 1 pequena | |
| PREBENXAMIN FEMINO (12-13) | 400 METROS | 1 pequena | |
| CHUPETES MASCULINO (14-15) | 80 METROS | 1 largo | |
| CHUPETES FEMININO (14-15) | 80 METROS | 1 largo | |
12.50 H. ENTREGA DE TROFEOS |
|||

