Diego Otero e Anxo Uzal comparten adestramento con parte da selección nacional

A Federación Galega de Loita e D.A. coa colaboración da Federación Española de Loitas Olímpicas, está a levar a cabo nas instalacións do CGTD de Pontevedra, unha concentración nacional de Loitas Olímpicas do 24 ao 28 de xaneiro.

As actividades conxuntas de formación entre a Federación Española e a Federación Galega de Loita, continúan na mesma liña de traballo. A importancia na formación dos deportistas, e de dotalos de novos estímulos durante os adestramentos, é a principal baza no traballo conxunto.

Os deportistas do CGTD e do CAR de Madrid concentrados son os baioneses Anxo Uzal e Diego Otero (Club Sabarís), Lydia Pérez, Pablo García (Club Pontevedra), Rafael Álvarez, Diego Saavedra (Club San Ignacio), Roberto Díaz, Carlos E. García (Club Vilalba), Noelia Lalín, Judit Varela, Nerea Pampín, Santiago Sánchez (Club Keltoi) e Carlos Álvarez, Carlos Gualberto, Juan Pablo González, Vitoria Báez e Marina Rueda (CAR Madrid), Técnicos: Alexandre Kachelaev e Marcos Miragaya.

Programa nacional de intercambio de deportistas intercentros

Este programa facilita que os deportistas bolseiros, tanto nos centros de tecnificación deportiva (CTD) como nos centros de alto rendemento (CAR), teñan a posibilidade de completar os seus adestramentos noutros centros nos que non están bolseiros. Nas loitas olímpicas, contar con novos sparrings en cada adestramento, supón un salto de calidade enorme. Por iso, parte da selección nacional que adestra no CAR de Madrid, está estes días compartindo adestramentos cos deportistas bolseiros no CGTD de Pontevedra.

A importancia de que as Loitas Olímpicas estean dentro do programa nacional de tecnificación, é un elemento fundamental que sitúa a este deporte dentro dos centros de Tecnificación e de Alto Rendemento, estando presente en todos os centros nacionais.

A boa relación entre ambas as dúas Federacións, así como a dispoñibilidade e facilidades por parte da Secretaría Xeral para o Deporte na utilización do CGTD, facilitan enormemente este tipo de concentracións, que xa son un referente a nivel nacional.

O próximo obxectivo, son os campionatos de España SUB-23, que terán lugar o 18 de febreiro en Madrid, para os que se están preparando os nosos deportistas.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.