O Subsector de Tráfico de Pontevedra extremará a vixilancia pola noite e en horarios diúrnos e próximos á hora de finalización das comidas de empresa.
O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra anuncia o inicio dun operativo de Nadal de seguridade viaria para o control de drogas e alcol durante a condución, por tratarse dun alto factor de risco causante da terceira parte dos accidentes mortais na provincia.
Para iso, durante as próximas festas do Nadal intensificaranse sensiblemente o número de controis de alcol e drogas en toda a rede viaria da provincia que, non só terán lugar en horario nocturno, senón tamén ao mediodía, co obxecto de disuadir aos condutores a inxestión de bebidas alcohólicas durante as típicas comidas de Nadal.
O operativo poñerá especial énfase en detectar aos colectivos policonsumidores, aqueles condutores que se poñen ao volante e que consomen habitualmente alcol e drogas.
O Subsector de Tráfico da Garda Civil aconsella aos condutores que eviten o consumo de substancias psicoactivas e alcol por tratarse dun alto factor de risco causante da terceira parte dos accidentes mortais na provincia. Ao mesmo tempo, apela ao espírito solidario de todos os usuarios para que comuniquen á Garda Civil, a través do Tlf. 062, calquera conduta irregular que detecten na estrada. Unha chamada a tempo pode axudar a salvar vidas!

