Anuncios
Ticker de novas

Ovalmi lanza a campaña “Este Nadal merca no Val Miñor”

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, lanza a campaña “Este Nadal merca no Val Miñor”, para animar á poboación a comprar nos pequenos negocios locais de Nigrán, Baiona e Gondomar nesta época de compras do Nadal, e para concienciar da importancia e beneficios que os pequenos empresarios e comerciantes reportan aos clientes e a toda a comarca.

O peor inimigo dos negocios locais son as compras por internet e nas grandes cadeas, que se acentúan neste período. Con todo comprar nos negocios locais do Val Miñor ofrece múltiples beneficios.

Os seus negocios están preto e evítanse atascos, gastos e tempo de desprazamento; axúdannos e asesoran coas nosas compras; ofrecen un trato persoal e próximo; dispoñen de produtos e servizos de calidade e confianza; dan vida e alegría ás rúas dos nosos Concellos; fortalecen os lazos da comunidade; colaboran no desenvolvemento de actividades locais; dinamizan a economía local ao quedar o diñeiro no pobo; fan que o pobo creza e xeran emprego.

Ademais é unha forma de combater os monopolios das grandes compañías e defender unha economía máis xusta, repartindo a riqueza, en lugar de concentrala nas mans duns poucos.

Nestas datas nas que predomina a repartición de agasallos, alegría e ilusión, convida os clientes a apoiar aos nosos amigos e veciños, facendo as súas compras nos negocios locais do Val que loitan cada día por ofrecer o mellor servizo aos seus clientes.

E deséxalles a todos os habitantes e visitantes da comarca do Val Miñor que gocen dunhas Felices Festas.

Anuncios