Anuncios
Ticker de novas

Presentación do documental “O lado escuro do carbón” en Gondomar

A Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, en Gondomar, acollerá este venres 7 de decembro ás 20:30 horas a presentación do documental “O lado escuro do carbón”, presentado e realizado por Greenpeace.

O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

O documental “O lado escuro do carbón” (Título orixinal: El lado oscuro del carbón) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, ex mineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves… Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.

Anuncios