Anuncios
Ticker de novas

Castelo de Monte Real

Tarxeta postal Nº A-45644 da Serie “Unión Postal Universal” titulada “Bayona (Galicia) – Castillo de Monte Real”. Atopámonos ante unha Serie realizada pola tenda de ultramarinos “El Universo”, situada no paseo de Elduayen. Ademais desta serie, este comercio editou outra. Son dúas series de grande tipismo, das cales a primeira está numerada, polo que podemos saber que se editaron polo menos quince postais; pola contra, da segunda é difícil saber cantas visitas tiña. Estas postais deberon editarse na segunda década deste século. No anverso da primeira serie aparecía a lenda “Unión Postal Universal”, pero non así na segunda.

Anuncios