Baiona saca a concurso os postos baleiros da Praza de Abastos por 617,98 € ao ano

O Concello de Baiona iniciou un novo procedemento para a concesión dos postos baleiros do Mercado Municipal de Abastos. Na actualidade, dos catorce dispoñibles están a funcionar seis, tres peixarías, unha carnicería, un con produtos ecolóxicos e o último con delicatesen e gourmet. O prazo da concesión dos oito restantes que agora se volven a sacar a licitación ascende a 20 anos, podendo prorrogarse por un período máximo de 5.

Os postos a ocupar son tres peixarías e outros cinco inicialmente destinados a delicatesen, carnicerías, froitaría e florería, aínda que poderán ofrecer calquera outro tipo de produto compatible coas características do mesmo. O prezo do contrato ascende a 12.359,55 euros para cada un dos postos, mínimo que poderá ser mellorado á alza polos licitadores. Este canon poderase desembolsar de dúas formas, dunha soa vez ao comezo da concesión, ou de forma semestral, abonando 308,99 euros en xaneiro e xullo.

Os interesados poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de decembro.