Os socialistas do Val Miñor reúnen a máis de 200 persoas na súa Cea de Nadal

As Agrupacións Socialistas do Val Miñor celebraron este sábado no Restaurante Rocamar de Baiona a súa tradicional Cea de Nadal rodeados de máis de 200 persoas veciñas e veciños da comarca. O candidato á alcaldía de Baiona, Carlos Gómez, e os alcaldes de Nigrán e Gondomar, Juan González e Paco Ferreira, estiveron arroupados por Adriana Lastra, Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados, Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG, Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, e David Regades, Secretario Provincial do PSdeG de Pontevedra. “Un rotundo éxito onde se nota a cohesión dun gran partido e o pulo e forza que ten de cara ás eleccións municipais do 26 de maio”, sinalan os socialistas.

Anuncios