Sin categoría

O Centro Juan María celebrará o Día da Discapacidade cunha ruta ciclo turista por Nigrán

Este ano para celebrar o Día Internacional da Discapacidade, o luns 3 de decembro, o Centro Juan María, coa colaboración do Concello de Nigrán, organizará a 1ª ruta ciclo turística por Nigrán. Este primeiro ano, participarán 8 centros: CEIP Humberto Juanes, CEIP da Cruz, CEIP Ría de Vigo, CEIP Mallón, CPI Arquitecto Palacios, IES Val Miñor, IES 1º Marzo e Centro Juan María, con aproximadamente 410 persoas, entre eles parte dos usuarios con bicicletas adaptadas.

A saída da ruta será ás 11:00 da mañá desde o a Praza do Concello de Nigrán. Antes de comezar, a Policía Local informará das normas de circulación e alumnos-usuarios do Juan María lerán o Manifesto do Día da Discapacidade. O alcalde, Juan González, será o encargado de dar a saída. Durante o percorrido haberá un punto de avituallamento na zona de Monte Lourido, onde se lle dará aos participantes un chocolate quente e unha peza de froita. A chegada de novo á Praza do Concello está prevista ás 13:00 horas, dando por finalizado o evento.

Ademais, o Centro Juan María sumarase á campaña “Baixo o mesmo paraugas”. Xunto a outras entidades sociais da provincia participarán nunha concentración en Vigo (Praza da Estrela), ás 11:30 horas.