Nigrán informa sobre as axudas da Xunta para o pago da electricidade

O Concello de Nigrán informa de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas económicas urxentes de carácter social para colaborar no pago da factura de electricidade a persoas en risco de exclusión social.

Poderán solicitar esta axuda todas aquelas persoas que teñan xa aplicado o 40% de desconto na súa factura de electricidade (consumidores vulnerables severos). Este dato pódese comprobar no apartado da factura “aplicación do bono social”.

Para máis información pedir cita no 986.365.000, ext. 4 (Departamento de Servizos Sociais).

Anuncios