Anuncios
Ticker de novas

40 rapaces de Mos gozaron das Xornadas Multiaventura 2018 en Patos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, visitaron este venres na praia de Patos aos 40 mozos e mozas mosenses que participaron nas “Xornadas Multiaventura 2018”. Estes rapaces, con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos de idade, estiveron distribuídos en dous grupos, un de iniciación formado por 22 integrantes, e outro de perfeccionamento con 18 membros.

As “Xornadas Multiaventura” comezaron o pasado luns 25 de xuño e prologáronse durante os días, 26, 27, e 29 de xuño, -xornada de clausura- en horario de 09:30 a 14:00 horas. O xoves 28 de xuño as actividades prolongáronse durante toda a xornada e pernoctouse no cámping de praia América.

Durante as xornadas impartíronse clases de Surf, Paddle Surf, Surf con Skate, Sendeirismo, preservación do medio marino e Kayak, entre outras iniciativas de animación e deportivas.

As “Xornadas Multiaventura” son unha iniciativa municipal de gran éxito, aceptación e acollida entre nenos/as e mozos/as do Concello de Mos. Foi creada no ano 2009 polo goberno local de Nidia Arévalo e dende entón leva case unha década organizándose ininterrumpidamente cada verán.

Sobre este programa as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, declararon que “trátase dunha iniciativa pioneira que dende o seu nacemento vén promovendo entre a infancia e a mocidade mosenses valores tan importantes como o compañeirismo, a convivencia, os hábitos saudables, a práctica deportiva en equipo…”. Rexedora local e edil de Participación destacaron “o éxito de participación que cada ano acada este programa, polo que lles agradecemos o apoio tanto aos participantes deste ano e ás súas familias, coma aos centos de participantes que levan pasado por esta actividade ao longo dos nove anos que leva en marcha”.

2018-06-30 - 36352967_1686915768094388_382080775983464448_o

Anuncios