Cs Baiona denuncia a deterioración estética do centro polo incremento de locais baleiros

Cidadáns Baiona denuncia a deterioración estética do centro da localidade a causa do incremento de locais baleiros. Desde a formación laranxa considérase que “o atractivo comercial das rúas de Baiona e o seu centro histórico, están a ser ameazados polo incremento de locais baleiros no centro da Vila”, explicou o portavoz de Cs en Baiona, Adolfo Varela, quen insistiu en “o preocupante da situación” ao ser un municipio, o de Baiona, dunha gran atracción turística.

O portavoz de Cidadáns en Baiona mostrouse moi preocupado polo efecto que isto pode ter nunha das principais fontes de ingresos local, xa que “o paseo dos turistas polas rúas da cidade non se pode converter nun cúmulo de locais comerciais baleiros, abandonados, sucios e cheos de pintadas ou cartelería comercial”, dixo.

Ante esta situación descrita e para liquidar a problemática, o partido laranxa propuxo algunhas solucións, como son, explica Varela, “que os propietarios destes locais poidan ceder o uso dos seus escaparates a outros comerciantes ou autorizar ao Concello para arrombalos mediante a colocación duns vinilos que os cubran e que estes vinilos poidan conter impresa información turística, ser soporte para campañas institucionais, mostrar publicidade de eventos municipais, ou promocións comerciais locais”.

Con estas ideas, comenta o portavoz de Cs, “cremos que non só melloraría o aspecto estético das zonas comerciais de Baiona, senón que tamén, ao darlle un uso aos escaparates dos locais baleiros favoreceríase a afluencia de viandantes e turistas co potencial incremento de compras”.

Valverde Quintás lembrou ademais que “estas non serían permanentes senón que serían de carácter “puramente paliativo e sempre respectando, por suposto, a propiedade privada dos mesmos”. “A finalidade sempre sería que os locais comerciais tivesen uso, posibilitando e axudando a súa venda e/ou aluguer”.