Presentadas 4000 sinaturas a prol do parque de bombeiros no Val Miñor

Os concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU Son Baiona, Pauliño del Río, José Cuevas e Silvano Montes, presentaron este venres no Parlamento Galego 4000 sinaturas apoiando a Iniciativa Popular para a Creación dun Parque de Bombeiros no Val Miñor de xestión pública directa no que se integre o actual persoal do GES. Cómpre destacar que esta cantidade supera as 2500 necesarias para a continuación da súa tramitación e aprobación se procede no Parlamento.

A Comisión Promotora da Iniciativa Popular considera que un 10% da poboación do Val Miñor asine esta iniciativa é un éxito polo que espera que, unha vez verificadas as sinaturas, sexa asumida por todos os grupos parlamentarios.

Para finalizar, a Comisión Promotora, formada polos concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU Son Baiona, así como representantes de colectivos sociais, quere agradecer á veciñanza do Val Miñor a acollida que tivo esta iniciativa, así como a súa colaboración nesta campaña.

PRESENTADAS 4000 SINATURAS A PROL DO PARQUE DE BOMBEIROS NO VAL MIÑOR

Anuncios