Anuncios
Ticker de novas

Os gondomareños Esteban Pérez e Ezequiel Salgueiro proclámanse campións da Copa BMW

Os gondomareños Esteban Pérez Iglesias (Epi) e Ezequiel Salgueiro Simoes proclamáronse este sábado campións da Copa BMW Bernesga Motor 2018 co seu BMW-E30, na que era a última proba puntuable do campionato, organizada pola escuadra Guerrero Competición no municipio de San Andrés del Rabanedo.

Tras proclamarse campións galegos a tempada pasada, este ano querían dar un salto cara a metas maiores no Campionato de España, con todo non conseguiron reunir os apoios necesarios, optando por un cambio de aires xa que en Castela e León existía unha copa específica para BMW.

O campionato de terra estaba composto por nove citas, das cales puntuaban seis para a copa (aínda que finalmente só celebráronse 8 do campionato e 5 puntuables). “Á primeira cita non puidemos acudir por motivos de saúde, polo que o campionato xa empezaba costa arriba para nós”, lembra Ezequiel Salgueiro.

Esta fin de semana, ao conseguir en San Andrés del Rabanedo a segunda posición dentro da copa, conseguiron os puntos suficientes para proclamarse campións. “Gustounos poder loitar por metas maiores, como era o gañar a agrupación, pero tendo en conta que só fixemos a metade das carreiras, contabamos cunha desvantaxe moi grande”, destaca o piloto miñorano.

Ademais, este ano participaron nalgunhas das citas do Campionato Galego de Rallymix, acabando en todas sendo tamén os vehículos carrozados de tracción traseira máis rápidos, así como na cita do Campionato de España de terra celebrada en Galicia, o Rally Terra da Auga en Arzúa, onde foron en primeira posición dentro da categoría de históricos, ata que tiveron que abandonar tras romper dous radiadores.

2018-11-19 - IMG_0269

Anuncios