Anuncios
Ticker de novas

Adrián Valverde non fallou no Rosal nin en Ponteareas

A Copa Galicia de Ciclocrós superou o seu ecuador e Adrián Valverde continúa invicto na categoría Elite. O baionés subiu ao máis alto do podio durante a fin de semana no Rosal e tamén en Ponteareas, onde o corredor do Club Ciclista Rías Baixas quedou a 16 segundos do triunfo absoluto.

O sábado, na oitava xornada puntuable para o certame autonómico, o representante da estrutura presidida por José Luis Chamorro finalizou a 1:13 do sub23 Adrián Barros (Ponteareas), que foi o primeiro en cruzar a liña de meta do circuíto da Praia de Eiras, e 21″ por detrás de Samuel González (Guerciotti). Valverde logrou con solvencia a terceira praza absoluta e ao mesmo tempo a vitoria Elite, cunha marxe de 45″ sobre Saúl López (Maceda).

O duelo con López repetiuse á mañá seguinte en Ponteareas e resultou aínda máis emocionante. Resolveuse por 11″ a favor do de Baiona. As diferenzas entre os primeiros foron mínimas e Barros impediu por 16″ que Valverde sumase o seu primeiro triunfo absoluto da tempada.

Tras esta dobre xornada, o ciclista miñorano reforzou o seu liderado na xeral Elite e afiánzase no segundo posto da táboa absoluta. A Copa Galicia ten parada a próxima fin de semana en Dumbría e Carral.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Anuncios