Anuncios
Ticker de novas

Voluntarios reforestarán este domingo os montes de Camos

Abanca e Afundación, coa colaboración do Grupo Naturalista Hábitat e a Comunidade de Montes de Camos, organizan este domingo día 18 de novembro unha plantación de árbores na parroquia nigranesa, afectada pola onda de incendios que se produciu en outubro de 2017, dentro da campaña “Unha nova árbore”. Os interesados en participar deben inscribirse enviando un correo a rsc@abanca.com indicando nome e apelidos, idade, DNI ou Pasaporte e datos de contacto de todos os participantes que se desexen inscribir. O punto de encontro será na entrada do Colexio Estudio de Chandebrito ás 10:00 da mañá. Recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado (botas, de ser posible). A xornada estenderase ata as 14:00 horas aproximadamente. Máis información no teléfono 981 135 014 ou no correo habitat@gnhabitat.org.

Anuncios