Anuncios
Ticker de novas

Charla informativa da Garda Civil dirixida a persoas maiores en Vincios

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza este sábado día 17 de novembro unha charla informativa da Garda Civil sobre “Prevención e mellora da seguridade” dirixida especialmente a persoas maiores. Durante a sesión, que comezará ás 18:00 horas no Centro Cultural de Vincios, os axentes mostrarán como previr os malos tratos, roubos, estafas, etc. Entre outros consellos, por exemplo, que non atendan a requirimentos de persoas descoñecidas nin acepten ningunha proposta económica que lles ofrezan, por vantaxosa que pareza.

Anuncios