Inchables, obradoiros, espectáculo infantil e visita do Carteiro Real en Sabarís

FOTO: PEPE COSTAS // Inchables na Alameda Carabela Pinta.

A programación cultural Bai Nadal 2018 continúa este mércores 2 de xaneiro con actividades para os máis pequenos en Sabarís. Desde as 15:30 ata as 19:30 horas haberá inchables e obradoiros infantís na Praza de Victoria Cadaval, e ás 18:00 horas, o espectáculo de Nadal “Din-Don”. Ademais, recibirán a visita do Carteiro Real, que recollerá as cartas e peticións de todos os nenos e nenas que se acheguen ata as 20:00 horas.

Anuncios